Set 03 2010

Série de apresentações do livro de Félix Rodrigo Mora

Categoría: Actividades,Convocatorias,ULunionlibertaria @ 1:32 p.m.

Estamos preprando uma série de apresentações do livro “O atraso político do nacionalismo autonomista galego”, em vários lugares da Galiza. Pelo momento estão confirmadas as seguintes:

  • Quinta-feira 9 de Setembro: Compostela – Feira do Livro Anarquista, Casa Das Asociacións (Cornes-Conxo) – 18:00 horas
  • Sexta-feira, 10 de Setembro: Ferrol – Centro Cultural Torrente Ballester  (R/Concepción Arenal, s/n) – Organiza Unión Libertaria- 20:00 horas
  • Sábado, 11 de Setembro: A Coruña – Casa das Atochas (R/Atocha Alta, 14) – 20:00 horas
  • Segunda-feira, 13 de Setembro: Pontedeume – Casa da Estación – 20:00 horas
  • Terça-feira, 14 de Setembro: Pontevedra – Galería Sargadelos (R/Oliva, 22) – Organiza CNT – 20:30 horas
  • Quarta-feira, 15 de Setembro: Vigo – A Cova dos Ratos (R/Romil, 3) – Organiza Lapsus – 20:30 horas
  • Quinta-feira, 16 de Setembro: Lugo – C.S. Mádia Leva (R/Amor Meilán, 18) – 20:00 horas
  • Sexta-feira, 17 de Setembro: Ponteareias – C.S.A. O Fresco (organizaAteneo Libertario Lume Negro) – 21:00 horas



Etiquetas: , , , , ,


Mar 15 2010

Presentación do libro “Naturaleza, ruralidad y civilización”

Categoría: Actividadesunionlibertaria @ 9:18 p.m.

Luns, 22 de marzo de 2010, ás 20:00 horas no Espazo Libertario, presentación do libro “Naturaleza, ruralidad y civilización”, a cargo do seu autor, Félix Rodrigo Mora.

A mediados dos noventa algunhas publicacións como Futuro primitivo de J. Zerzan ou os traballos de Theodore J. Kaczynski, fundamentalmente o Manifesto de Unabomber (A Sociedade Industrial e o seu futuro),revitalizaron a crítica á sociedade tecnolóxica e industrial desde a perspectiva anarquista. No Estado Español, ao que foron chegando sucesivas traducións, non aparece unha publicación importante nos seus contidos ata 2001 por parte do colectivo Os Amigos de Ludd e en forma de boletín, traballos dos que formou parte o autor dos textos que aquí presentamos. Estes encárganse dunha investigación do pasado pre-industrializado, por exemplo da Alta Idade Media e do mundo rural, así como os procesos da revolución liberal e do réxime franquista que liquidaron a orde agraria popular. Por outra banda, desde a análise crítica, aléntanse os procesos de desurbanización, a mobilización contra o sistema tecno-industrial e a marcha ao mundo rural, dando apoio e proporcionando na medida do posible elementos de xuízo a quen deciden emprender tales actividades, alternando o traballo de historia co apoio ás loitas de colectivos de resistencia aos sistemas técnicos, ou que buscan retomar o contacto coa terra e o rural nas condicións actuais.

Organiza: Unión libertaria

Etiquetas: , , , ,