O grupo anarquista Unión Libertaria de Ferrol, chama a toda a xente a participar activamente na manifestación convocada o vindeiro 16 de abril, ás 16 horas, no Campo da Leña, contra o desaloxo da Casa das Atochas.
Novamente o estado e os seus esbirros amosan a súa verdadeira face, como ferramentas do empresariado contra as persoas. Nesta ocasión, a xustiza e as forzas de orde pública traballaron para unha empresa privada, a do especulador Pérez Paz, S.L. Mentres facían desaparecer un fermoso espazo de creación e loita como é a Casa das Atochas, amparaban as actividades ilegais de Pérez Paz S.L., desfacendo o edificio, probablemente sen licencia de obras e sen condicións de seguridade de ningún tipo. Deste xeito ficou claro que os especuladores non desexaban utilizar o edificio, senón unicamente desaloxar ás persoas que alí estaban facendo actividades; a súa conducta antisocial foi apoiada pola xustiza e as forzas de orde pública.
Pola nosa parte, desexamos manifestar todo o noso apoio ao grupo de persoas que ten activado a Casa das Atochas como un espazo de loita e creación para todas as persoas que por alí quixeron pasar. Estamos seguros de que a Casa das Atochas segue viva e volverá a activarse nese ou noutros espazos. Porque pensamos que a vosa loita é a de todos e todas, chamamos á xente a participar na manifestación do vindeiro sábado e a reactivar o proxecto onde queira que continúe o seu camiño.
IX Xornadas Libertarias
Unión Libertaria
Ferrol, 20 a 26 de novembro de 2010
Sábado20 de novembro de 2010
Antigo cemiterio de Canido
12:30 horas
Homenaxe ás vítimas do franquismo
Acto poético-musical-reivindicativo, con intervencións do poeta Xoan Abeleira, un membro de Unión Libertaria e os músicos Amelia Ónega e Agulló.
Trinta e cinco anos despois da morte do dictador Franco aínda é necesario reivindicar a memoria de todas as vítimas do franquismo, asasinadas pola dictadura e esquecidas na transición. A homenaxe serve tamén para lembrar á militancia libertaria, moitas veces esquecida, coincidindo co 74 cabodano da morte do combatente revolucionario Buenaventura Durruti.
Luns 22 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Palestra “Crise capitalista e alternativa anarquista”, a cargo de Fran Fernández e Eliseo Fernández, membros de Unión Libertaria.
A agudización das contradiccións do sistema capitalista encamiña ao mundo e aos seus habitantes cara ao colapso global. Fracasadas a alternativa socialdemócrata e o capitalismo de estado do modelo soviético, o anarquismo representa a día de hoxe unha alternativa posible de loita e de construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. www.unionlibertaria.org
Martes 23 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Representación de monicreques “A historia do indio Lautaro” e charla “Análise histórico e situación actual do pobo mapuche”, a cargo dunobservador da situación mapuche.
Dúas formas de narrar unha mesma historia, a loita do pobo mapuche contra o estado chileno e as multinacionais que ameazan a súa terra, a súa cultura e a súa vida. Unha loita que é representativa das tentativas populares de crear formas distintas de combate ante os ataques do capitalismo, recuperando na loita a súa dignidade colectiva. http://www.mapuche.info/
Mércores 24 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Mesa redonda “Okupación vs Especulación”, con membros dos Centros Sociais “A Casa da Estación” de Pontedeume, “A Casa das Atochas” da Coruña e “O Salgueirón” de Cangas.
O movemento social das okupacións, xurdido hai moitos anos en todo o mundo, ten na Galiza unha renovada forza nos últimos tempos. Membros de tres dos Centros Sociais okupados máis representativos da Galiza, debaten sobre a okupación como alternativa diante da especulación e sobre a alternativa que representan as casas okupadas fronte ao capitalismo neoliberal no seu conxunto. http://osalgueiron.blogspot.com http://www.casadasatochas.info/
Xoves 25 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Presentación do libro “Caminando hacia el abismo: historia de una generación”, coa presencia do autor, José María Botana Cao “Boti”.
A obra foi editada polo Periódico Anticarcelario “Punto de Fuga” e a Biblioteca Antiautoritaria “Frakaso escolar” en setembro de 2010. Nas súas páxinas, baixo a forma dunha novela, atopamos unha mediatación sobre a xeneración rebelde da transición, cos seus sonos e as súas miserias, a súa brutalidade e a súa solidaridade profunda.
Venres 26 de novembro de 2010 [ ACTO CANCELADO ]
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Palestra “Economia e autoxestión”, explicando o modelo económico anarquista da man de Endika Alabort, integrante do ICEA (Instituto de Ciencias Económicas e da Autoxestión).
O ICEA é unha entidade cultural de ambito estatal que desenvolve actividades de docencia e investigación en economía política, ciencias sociais, e autoxestión obreira e social. Dende a súa creación, no ano 2008, desenvolve actividades de estudo e difusión de temas como a crise económica, o decrecemento e a economía en xeral dende un punto de vista libertario. http://iceautogestion.org/
RESUMO DOS ACTOS
Sábado 20 – Homenaxe ás vítimas do franquismo
Baixo un clima desapacible e unha forte choiva celebrouse no antigo cemiterio de Canido o acto previsto cun pequeno discurso en lembranza dos homes e mulleres que deron a súa vida na defensa da liberdade e unha sinxela ofrenda floral aos pes do muro no que sn lembrados .
O vento rebelde e a auga fixeron que o acto fose rematado no noso local da man do poeta Xoan Abeleira que fixo memoria de tantos homes e mulleres que loitaron e defenderon as ideas libertarias e que hoxe son inxustamente esquecidos. Amelia Ónega puxo o broche de ouro coa interpretación de varias pezas musicais da época. Unha comida de confraternización pechou este acto de lembranza e homenaxe.
Coa súa memoria construímos o noso futuro.
Luns 22 – Crise capitalista e alternativa anarquista
Poñemos unhas imaxes e o audio completo da palestra e o debate posterior