Luns, 22 de marzo de 2010, ás 20:00 horas no Espazo Libertario, presentación do libro “Naturaleza, ruralidad y civilización”, a cargo do seu autor, Félix Rodrigo Mora.
A mediados dos noventa algunhas publicacións como Futuro primitivo de J. Zerzan ou os traballos de Theodore J. Kaczynski, fundamentalmente o Manifesto de Unabomber (A Sociedade Industrial e o seu futuro),revitalizaron a crítica á sociedade tecnolóxica e industrial desde a perspectiva anarquista. No Estado Español, ao que foron chegando sucesivas traducións, non aparece unha publicación importante nos seus contidos ata 2001 por parte do colectivo Os Amigos de Ludd e en forma de boletín, traballos dos que formou parte o autor dos textos que aquí presentamos. Estes encárganse dunha investigación do pasado pre-industrializado, por exemplo da Alta Idade Media e do mundo rural, así como os procesos da revolución liberal e do réxime franquista que liquidaron a orde agraria popular. Por outra banda, desde a análise crítica, aléntanse os procesos de desurbanización, a mobilización contra o sistema tecno-industrial e a marcha ao mundo rural, dando apoio e proporcionando na medida do posible elementos de xuízo a quen deciden emprender tales actividades, alternando o traballo de historia co apoio ás loitas de colectivos de resistencia aos sistemas técnicos, ou que buscan retomar o contacto coa terra e o rural nas condicións actuais.
Organiza: Unión libertaria