Nov 09 2011

X Xornadas libertarias

Categoría: Actividades,Convocatorias,ULunionlibertaria @ 8:20 a.m.

Como cada ano no mes de novembro temos as Xornadas Libertarias. Poñemos o cartel das mesmas onde figuran os distintos actos que terán lugar en Ferrol entre o martes 15 e o sábado 19 de novembro.

cartel xornadas libertarias 2011

Etiquetas: , , , ,


Mai 03 2011

Actos de Unión Libertaria para o Xoves 5 e Sábado 7 de Maio en Ferrol

Categoría: Actividades,Convocatorias,ULunionlibertaria @ 11:57 p.m.

Xoves 5 de maio:

Presentación do libro “Rio Homem” de André Gago ás 20:30 horas.

“Rio Homem” cruza duas histórias magistrais – a de um jovem galego refugiado da guerra civil que perdeu todas as suas referèncias e a da aldeia comunitaria portuguesa que o acolheu e que hoje jaz submersa na albufeira de uma barragem.

Rio Homem

Sábado 7 de maio:

Ás 20:00 homenaxe a José Couso na praza que leva o seu nome en Esteiro.
Falarán: Javier couso, Avv Esteiro e Unión Libertaria.

As 20:30 charla coloquio  “José Couso, oito anos buscando xustiza”.

Javier Couso falará das novidades xudiciais, das filtracións de wikileaks e do control da información na guerra.

Os actos serán no Espazo libertario. Avda. de esteiro 10, baixo.

Etiquetas: , , , , , ,


Dec 07 2010

Mércores 8 de decembro: Charla “Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres” a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán)

Categoría: Actividades,Convocatoriasunionlibertaria @ 3:44 p.m.

Unión Libertaria, co fin de achegar a terrible situación na que se atopa a poboación afgana vítima de anos de guerra organiza unha charla que leva por título: “Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres” a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán).

Será o mércores 8 de decembro no Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo, Ferrol), ás 20:00 horas.

Presentación de Mitra Shomal:

Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.

O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a “Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.

Mitra formouse naquelas escolas, onde aprendeu ás materias habituais, mentras tomaba conciencia sobre a traxedia das mulleres afgás e a necesidade de loitar contra as causas de tantas miserias. Con 16 anos, ingresou en RAWA e comenzou o activismo “para apoiar ao pobo descalzo e traballar pola construción dun Afganistán laico, democrático e libre”.

En 2007 licenciuse en psicoloxía pola Universidade de Kabul e actualmente desempeña diversas responsabilidades no seo de RAWA, como impartir clases, recompilar datos sobre violacións dos Dereitos Humanos e distribuír publicacións clandestinas por todo Afganistán.

Podes escotar o audio ou descargalo

Etiquetas: , , , , ,


Páxina seguinte »