Xuñ 15 2009
GNUL-Hacklab
O GNUL HackLab é un espazo para o activismo tecnolóxico e a cultura libre que tamén ten un oco no noso local do Espazo Libertario.
Algúns obxectivos que tratamos de sacar adiante son:
- Instalar, configurar e manter de forma estable unha infraestructura informática con GNU/Linux.
- Realizar actividades abertas de formación sobre GNU/Linux e aplicacións libres cun enfoque práctico e activista.
- Participar e coordinarse con outros colectivos afíns e hacklabs na organización de eventos, accións…
- Reutilizar e reciclar computadoras para uso propio ou doutros colectivos sociais.
- Difundir o uso do software libre entre a comunidade, socializar a tecnoloxía e loitar contra a propiedade intelectual, as patentes e calquera forma de coerción das liberdades e da cultura libre.
- Axudar e asesorar no uso de ferramentas libres e de hardware.
- Realizar encontros, hackmeetings, installpartyes, demos…
- Desenvolver proxectos que resulten de utilidade para a comunidade socializando o coñecemento.
- Traballar sempre seguindo os principios de autoxestión, asemblea e unidade de acción.
Este son algúns dos proxectos nos que colaborou o GNUL-Hacklab
Radio Filispim
Colectivo Fervesteiro
Ateneo Ferrolán
Fundaçom Artabria
Cooperativa “A Xoaniña”
Comite Anti-sida “Lazos”
Rede “Trocaferrol”l
L.S.O das Atochas