Abr 29 2009
Únete
En Unión Libertaria pensamos que temos que construír un mundo mellor no que poidamos gozar con equilibrio da natureza, no que poidamos decidir en todo momento o noso destino sen que que nos impoñan mentiras desde arriba para defender os intereses do capital, do poder e dos políticos mentres se prexudican os nosos e os do noso contorno.
Neste momento, non vemos máis camiño posible para acadar este obxectivo que o que marca no horizonte a utopía anarquista. Un camiño que non ten fin, pero que ben nos serve para camiñar na dirección adecuada. O sendeiro dunha nova sociedade na que lle deamos a volta por completo ao estado de cousas no que nos encontramos e tomemos as rendas para construír un mundo novo. Levamos un mundo novo nos nosos corazóns.
Somos conscientes do vértigo que pode producir asumir estas consideracións e aceptar a necesidade dun cambio revolucionario. Na sociedade do consumo a mercancía e o cemento, son moitos os que viven alleos a este tipo de formulacións. Por iso necesitamos crecer. Para ser unha verdadeira marea humana que co apoio mutuo consiga levar adiante esta inxente tarefa.
Os principios básicos da nosa acción e funcionamiento son.
- A asemblea: na que libremente se debate e se tomán decisións. Unha forma de democracia directa, horizontal e desde abaixo que non delega nunca á toma de decisións en comités ou representantes. Sabémos que non é a fórmula perfecta e que supón aceptar a idea de que a miúdo se necesita tempo para madurar as cousas. Queremos ser os donos e donas das nosas decisións polo que evitamos sempre que se nos impoñan desde arriba.
- A acción directa: unha maneira de levar á práctica as nosas decisións coa que evitamos caer na trampa de esperar que outros resolvan os nosos problemas por nós. É tamén a nosa maneira de incidir de forma directa na sociedade.
- A autoxestión: pola que procuramos autosuficiencia e autonomía. Rexeitamos as subvencións e todo recurso que non proveña de nos mesmos e das nosas accións para non sentirnos en débeda con ninguén e moito menos co poder. Polo xeral facemos aportacións económicas voluntarias ou na medida da posibilidade de cada quen e facemos publicacións, camisetas, chapas, concertos, comelladas, etc
- O apoio mútuo: como unha forma de solidariedade e compañerismo de modo que cando se fai necesario, un somos todos sen deixar de ser un. Deste modo multiplicamos a nosa forza e nos facermos escoitar.
- Antiautoritarismo: rexeitamos que calquera forma de poder ou autoridad nos impoña o seu pensamento, ideoloxía ou accións. Rexeitamos o poder do estado e de toda autoridade do mesmo, a opresión económica e a explotación do capitalismo, as imposición relixiosas e as culturais como o patriarcado. Creemos firmemente na liberdade.
Unión Libertaria é un colectivo anarquista aberto á túa participación. Podes poñerte en contacto no Apdo. 147 de Ferrol (A Coruña) ou no enderezo de correo unionlibertaria arroba gmail punto com