Coa resolución adoptada polo Consello de Seguridade da ONU recentemente estase a producir a intervención militar en Libia. Temos que berrar NON á esta guerra do mesmo modo que berramos contra a guerra de Iraq ou de Afganistán. E temos que dicir NON porque as implicacións de fondo e a hipocrIsía son as mesmas. Son os mesmos tamén os executores que dende as Azores claman “xustiza infinita” coa boca chea de liberdade e democracia para o pobo. E dicimos NON a esta guerra como a calquera outra, NON á aberración e a morte sexa onde sexa.
Na cerimonia da confusión que se vive nos medios de comunicación e nas redes a estratexia parece clara. Fronte a liña dura impulsada por Bush na “guerra contra o terror” a retórica branda da “alianza de civilizacións” foi recollida por Obama como modus operandi para o mesmo fin. Tomar o control estratéxico dunha zona rica en recursos e asegurar o subministro de petróleo e gas nun momento de alza de prezos que pon en xaque á recuperación económica. Nun momento no que diversos informes da defensa occidental recoñecen que está a piques de producirse unha crise de produción polo esgotamento de recursos e polo engano descuberto nas reservas atribuídas a Arabia Saudí.
Non imos defender a ditadores como Gadafi nin a ningún outro, da mesma forma que queremos demoler tamén este sistema capitalista depredador e opresivo. Pero temos que recoñecer que o fixeron bastante ben. Convenceron a moita xente de que as ansias de democracia e liberdade que se expresou nas recentes revolucións no norte de África xustifican a actual intervención militar. A estratexia e coartada son perfectas. Onde a revolución triunfou están a meterse a saco para que a “transición democrática” quede como lles interesa. En Libia, o amigo Gadafi é agora un demo con cornos e rabo.
O que realmente acelerou a decisión na ONU foi a recente amaza de Gadafi de pechar a billa e o negocio as petroleiras occidentais que se levan o 80% do pastel. REPSOL, BP, ExxonMobil, ENI. TOTAL…. Xusto as dos países implicados. E non o poden permitir. As armas que lle venderon e os apretóns de mans para a foto dan paso ás bombas que lle regalan.
O sistema o controla todo e no taboleiro de xadrez da xeopolítica disfrazase a realidade ao gusto do consumidor. Para sobrevivir e non caer desmoronado, para morrer matando. As aparencias enganan e as letras minten. Todo é un espellismo á medida do rei nu. Nos despachos soterrados as pezas móvense e a información chega. E lánzanse operacións caladas para transformar a realidade. Para montar as coartadas necesarias…
Nos abrimos os ollos e berramos con forza!!
NON á intervención militar en Libia!
Nota:
Cusiosamente aparece hoxe a seguite entrevista no Voz de Galicia: