Abr 29 2009

Primeiro de maio anarcosindicalista en Ferrol

Categoría: Actividades,Convocatoriasunionlibertaria @ 11:36 p.m.

Como cada ano a clase traballadora sairá á rúa o primeiro de maio nunha xornada de loita e reivindicación. Nesta ocasión o anarcosindicalismo galego, da man da CNT, ven de convocar unha xornada unitaria na nosa cidade. Unha xornada enmarcada na crise económica que co lema Todos os días 1 de maio será a manifestación da dignidade da clase obreira, da reivindicación da xustiza social e a favor da emancipación das traballadoras e traballadores.

Para Unión Libertaria esta convocatoria é de especial importancia pola grandísima incidencia que a crise do capital está a ter na precariedade e no aumento do paro. Unha crise que nos fan pagar a traballadoras e traballadores e coa que, de seguro, pretenderán argumentar novos recortes en dereitos e liberdades. Mais tamén é importante para nós porque por primeira  vez en moito tempo o anarquismo galego escolle a nosa cidade para sacar adiante esta xornada de loita do primeiro de maio.

É por isto que, facendo nosa a convocatoria, dende Unión Libertaria realizamos un chamamento aberto á participación neste primeiro de maio do que esperamos un antes e un despois na nosa comarca.

1 MAIO ANARCOSINDICALISTA FERROL

1 MAIO ANARCOSINDICALISTA FERROL

A convocatoria é a seguinte:

Venres, 1 de maio de 2009

    Manifestación en Ferrol dos sindicatos da CNT na Galiza

    Saída ás 12:30 horas, do local da CNT en Ferrol (Avenida de Esteiro, 10)

    Mitin ás 14:00 horas, no mesmo local


Unidade acción autoxestión!!
Outro sindicalismo é posible!!

Mai info:  1 maio Ferrol

Etiquetas: , ,


Abr 29 2009

Masa Crítica (Ferrol)

Categoría: ULunionlibertaria @ 11:29 p.m.

Lembrade que como cada último xoves de mes ás 20:15, a Masa Crítica de Ferrol ten quedada na Praza do inferniño para dar unha tranquila volta en bici por ferrolterra e de paso reivindicar menos fumes, menos coches e menos gasto de recursos. A bicicletada quere demostrar e concienciar de que a bicicleta é o mellor medio de trasporte para pequenas e medias distancias por ecolóxico, san e divertido.

Menos fumes, que me consumes!!

abici

Etiquetas: , , ,


Abr 29 2009

Nova web de UL!

Categoría: ULunionlibertaria @ 11:31 a.m.

Máis vale tarde que nunca!

Despois de un tempo fora de liña, estreamos esta nova páxina que poñemos á vosa disposición para dar cumprida conta das nosas actividades e accións.

Para que poidades estar ao tanto, e para que vos animedes a participar.

Esperamos que vos agrade. ;)