Unión Libertaria http://unionlibertaria.org/ul Na procura de espazos comúns para a acción anarquista na Galiza Mon, 26 Mar 2012 16:29:09 +0000 en hourly 1 http://wordpress.org/?v=3.0.4 29M Folga Xeral… http://unionlibertaria.org/ul/?p=390 http://unionlibertaria.org/ul/?p=390#comments Mon, 26 Mar 2012 16:29:09 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=390 Tan só tres meses abondaron ó novo goberno pra desmantelar dereitos sociais e laborais acadados tras decadas de loita. A agresividade das politicas neoliberais en toda europa esta a destruir aquilo que se deu en chamar “estado do benestar” a unha velocidade abraiante.

Estas son as consecuencias dun modelo de sociedade que durante decadas fomentou o consumismo, o individualismo, a competitividade e a ostentacion como forma de vida, destruindo aquilo que nos fortalecía e nos permitia facer fronte ás agresions: a solidariedade, os vinculos sociais, e o apoio mutuo. Polo tanto ese “estado do benestar” forma parte da destruccion programada da capacidade de resistencia da sociedade.

A convocatoria dunha folga xeral  o proximo 29 de marzo e unha  oportunidade pra participar nunha xornada de loita polos nosos dereitos , romper a dinamica de desmovilizacion na que se encontra sumida a sociedade e recuperar as practicas solidarias e combativas.

Chamamos á participacion activa na folga de todolos sectores da sociedade. É o momento de dar unha resposta contundente ás agresions do capital e o estado.

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=390 0
En apoio aos mariscadores… http://unionlibertaria.org/ul/?p=387 http://unionlibertaria.org/ul/?p=387#comments Mon, 26 Mar 2012 16:27:21 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=387 Unión Libertaria (organización de pensamento e acción anarquista de Ferrol) quere manifestar, unha vez máis, o seu apoio aos mariscadores encausados polas accións de oposición á entrada do gaseiro “Galicia Spirit”.
Que naquela posta en marcha “en probas” da regasificadora o auténtico espírito da Galiza libre e rebelde o representou o colectivo dos mariscadores da ría de Ferrol, que puxeron as súas embarcacións ao servizo da lexítima oposición dos habitantes de Ferrol á iniciativa caciquil de Tojeiro e a Xunta, arriscando de xeito noble e afouto a súas vidas, a súa liberdade e os ingresos dos seus fillos, xa que as embarcacións da 3ª lista empregadas para obstaculiza-la entrada do gaseiro eran as empresas nas que se baseaba a economía familiar.
Que aínda lembramos que REGANOSA pasou de ser promovida de xeito ilegal, ocupando e recheando dominio público marítimo-terrestre para un fin distinto ao autorizado a ser participada pola Xunta de Galicia e ser considerada por Conselleiros de Industria de distintos pelaxes como “estratéxica para Galiza”, tendo mesmo a garantía de que as posíbeis perdas serían cubertas con cartos públicos.
Que nesta época de dictadura dos mercados e de grave sumisión das institucións que deberían garantir o benestar e a seguridade públicas, a desobediencia civil dos mariscadores conta -como contou no peirao e na rúa- con todas as nosas simpatías e coas da meirande parte da sociedade ferrolá, que fronte á violencia dos antidisturbios amosou unha capacidade mobilizadora e solidaria que entronca coa dos feitos de hai 40 anos. Que, fronte a todo tipo de coaccións de despacho e porra, o peito aberto e a cabeza levantada dos oito acusados representaban-nos a todos. E que, xa que a complicidade da clase política coa codiza empresarial non dubidou a condearnos a toda a poboación de Ferrolterra ás terribeis consecuencias que unha actividade tan perigosa, a carón dunha planta química, a menos de dous quilómetros do peirao de combustíbeis do Bispón, do Arseal Militar e dos núcleos de poboación das vilas de Mugardos, Fene e Ferrol; solicitamos comparti-la condea que esa institución que leva o fermoso nome de Xustiza poda impoñer aos compañeiros imputados.

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=387 0
Charla de Pedro García Olivo http://unionlibertaria.org/ul/?p=380 http://unionlibertaria.org/ul/?p=380#comments Wed, 07 Mar 2012 15:35:36 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=380 O vindeiro sábado, día 10 de marzo de 2012, ás oito da noite, Unión Libertaria organiza unha charla no Espazo libertario de Ferrol (Av Esteiro 10, baixo) na que vai intervir Pedro García Olivo, doutorado en Filosofía, licenciado en Xeografía e Historia, e autor de diversos libros e artigos, dos que moitos están centrados no tema da educación dende un punto de vista máis que crítico.

O título da súa charla é: “La subjetividad única: propósito de la escuela globalizada” na que se referirá ás modalidades educativas non-escolares que ven estudando nestes últimos tempos e en xeral á outras formas de educación alternativas non-institucionais.

Por medio deste correo queremos convidarte a participar nesta apasionante charla, que seguramente, e tendo en conta a vida, circunstancias e teorías do orador, non vai deixar indiferente a ninguén. A seguir, podes ler algunha das súas declaracións máis explosivas:

¿La escuela ideal? Una escuela sin maestros, sin profesores, sin educadores. Una escuela sin alumnos… Sin profesores y sin alumnos (por tanto, sin horarios, asignaturas, exámenes,…), la estructura física de la escuela recupera su inocencia: pasa a ser un útil, una herramienta, un medio para la auto-educación de la juventud, un depósito de materiales culturales,… Lo terrible es que toleremos la existencia de “educadores”. Cifro mi ideal en un exterminio casi apocalíptico de toda esa plaga de maestros, profesores, enseñantes, pedagogos, educadores y otros sojuzgadores de la juventud.
Educar no es domesticar en absoluto,…, pero algo muy distinto es cuando te escolarizan, cuando vas a la escuela; ahí sí hay domesticación, sí hay domesticación en la escuela, siempre.

Lo que he descubierto (tras pertenecer durante un tiempo a la clase media) ni me ha interesado ni me ha gustado nada, por eso ahora he buscado vivir en un pequeño corral en el monte, en una situación de autonomía, de libertad y de bienestar. Digamos que como un cínico antiguo.

Se queres máis información sobre Pedro García Olivo, podes atopala no seguinte enlace:

http://www.pedrogarciaolivoliteratura.com

pgo

pgo

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=380 0
X Xornadas libertarias http://unionlibertaria.org/ul/?p=374 http://unionlibertaria.org/ul/?p=374#comments Wed, 09 Nov 2011 07:20:31 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=374 Como cada ano no mes de novembro temos as Xornadas Libertarias. Poñemos o cartel das mesmas onde figuran os distintos actos que terán lugar en Ferrol entre o martes 15 e o sábado 19 de novembro.

cartel xornadas libertarias 2011

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=374 0
Non nos representan? Non os votes! http://unionlibertaria.org/ul/?p=363 http://unionlibertaria.org/ul/?p=363#comments Sat, 05 Nov 2011 22:00:55 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=363 Levamos moito tempo dicindo que ten que ser a xente traballadora (a que pode), o pobo, quen asuma a responsabilidade  de decidir de forma directa e horizontal o que lle interese.  Non abonda con delegar e lexitimar este sistema corrupto cada catro anos. O circo electoral únicamente permite “lexitimar” as desfetas e latrocinios  que se están a cometer dende o estado e as institucións en nome do pobo. Sempre ao servicio do capital e da banca, políticos e gobernantes lexislan e actúan en beneficio dos poderosos e deles mesmos. Sempre de costas ao pobo, a quen reprimen con saña cando se levanta e matan lentamente a diario con saraos televisivos e noticiarios mintireiros. O sistema é parte do problema, non da solución. E quen, con boa vontade, traga con rodas de muiño e forma parte do circo ten que espertar. Non merece tampouco o teu voto. Pensa e decide… Máis mentiras e cacicadas ou nos poñemos as pilas para cambiar as cousas. Non é doado, non. Moita xente pensa que é libre cando vota, pero non se vota libremente cando a información está en mans duns poucos intereses e chega  manipulada.  Cando a mentira, cociñada como verdade,  inunda as nosas vidas.

Con humildade e dende o noso recuncho deixámoste o noso punto de vista. Para que o penses con calma e decidas que facer. Na sociedade de consumo, do individualismo egoista, del “porque yo lo valgo,”  unha proposta que non está de moda pero que non está de máis. Pasa do estado e do capital e pásate á acción xenerosa e solidaria. Loita polo que paga a pena coa mellor forma de egoismo posible. O egoísmo comunitario e social. O que beneficia aos meus veciños tamén me benecicia a min. E déixate de circos e panderetas electorais. Xa sabes, abstención e actívate…

Podes ver e descargar libremente o documento coas nosas propostas, e tamén podes compartilo  con quen queiras que non somos da SGAE non_votes_non_nos_representan.pdf



]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=363 0
Presentación do libro “Ejércitos en las calles” http://unionlibertaria.org/ul/?p=358 http://unionlibertaria.org/ul/?p=358#comments Thu, 19 May 2011 06:04:48 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=358 (http://bardoediciones.net/ejercitos_en_las_calles.htm)

No Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10, baixo), o venres 20 de maio, ás 20 horas. A presentación estará a cargo de dúas persoas pertencentes a Bardo Ediciones, colectivo responsable da edición (http://bardoediciones.net/catalogo.htm).

Esta obra aborda a crecente preparación do exército para a intervención na represión de movementos populares, tendo como base o informe denominado “Urban Operations in the year 2020″ da OTAN, que simula a intervención da
OTAN en varias cidades francesas no marco dun conflicto social interno.

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=358 0
Texto lido no homenaxe a José Couso http://unionlibertaria.org/ul/?p=355 http://unionlibertaria.org/ul/?p=355#comments Mon, 09 May 2011 18:47:36 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=355 Grazas por vir a esta homenaxe a José Couso, na praza que lle dedica a cidade na que naceu.
José naceu en Ferrol e foi, como tantos outros ferroláns a morrer noutra parte do mundo, nunha guerra na que non se lle perdía nada pero, a diferenza deles, non estaba alí para matar ou morrer en nome de causa, bandeira ou patria algunha.
El estaba alí como testemuña incómoda, para ser os nosos ollos naquela guerra afastada, para traernos as imaxes que nos permitisen tomar conciencia do que en realidade estaba pasando.
E había moito que ver: habería que ver as famosas armas de destrución masiva, das cales os expertos internacionais da Comisión de Control, Verificación e Inspección non atoparan ningún indicio pero que, en cambio, eran o principal argumento de Wáshington. Nunca as vimos, nin entón nin cando a invasión estivo consumada. Xa no plano do real, había que tomar o pulso da situación previa á guerra, vimos entón a fea cara do bloqueo e daquela brutal extorsión (ao mesmo tempo que suculento negocio) chamada “petróleo por alimentos”.
Habendo moito que ver, non había demasiado do que sorprenderse nin nada que en absoluto representase unha ameaza para a estabilidade mundial: un pobo famento, sen subministracións básicas a pesar de toda a riqueza do país no que lles tocou nacer; uns tan fartos do seu goberno como outros ferventes partidarios del, é dicir, uns e outros como tantos outros pobos en tantos outros países; vimos tamén un exército e unhas milicias que se aprestaban a defenderse dunha invasión, aquí uns sacos terreiros, alá unha metralladora, rifles de asalto e lanzagranadas por todas as partes, portados por pobres diaños que remedaban un comportamento que Holywood, Pérez Galdós e ata Pérez Reverte ensináronnos a apreciar como heroico; en resumo: vimos unha situación de miseria e violencia imposta polo mal facer dos seus gobernantes e pola cobiza de quen, saltándose a legalidade internacional, erixíronse en árbitros do seu destino.
Había moito que ver tamén cando empezou a guerra en si: había tanto que ver que Estados Unidos, a potencia agresora, decidiu racionalo e para iso creou a figura dos “xornalistas encaixados”, portadores de información refén das unidades militares ás que acompañaban. Non se trataba xa de testemuñas libres, senón da ampliadora e a caixa de resonancia do que sinalase o mando invasor.

Aínda que existe o fotoperiodismo desde a Guerra de Crimea, a guerra de Vietnam supuxo un fito, pola entrada no campo de batalla da televisión, en canto a que os honrados contribuíntes visen o que naquelas afastadas terras sufrían ou facían sufrir a outros os seus fillos. Todo isto intentou evitarse xa na primeira Guerra do Golfo, cando a CNN chegou ás nosas vidas mostrándonos os civilizados ataques ao feroz ditador como unha colorida mascletá na que non se distinguía ben se o chorro de luz subía e era, pois, lume antiaéreo dos que intentaban matar aos nosos mozos, ou baixaba, sendo unha lección de democracia en versión jarabe de mísil que reciben os malos. Os creadores de opinión podían perorar durante horas con aquel fondo de neón, sen que ningún morto enturbase a paz dos fogares. Máxico mundo de cores.

A manipulación da información en tempos de guerra, non é un fenómeno novo, recordemos a Hearst e Cuba, pero chegou a extremos realmente insólitos: en abril de 1999, durante a guerra de Kósovo, a OTAN bombardeou a televisión serbia e, en TVE, o presentador xustificou a actuación porque os seus compañeiros serbios mortos “facían propaganda de guerra”. Non creo que por facer propaganda fose el mesmo branco lexítimo, pero si que estaba sendo cómplice dun crime de guerra.
Máis ou menos nesta época, empezamos a oír menos a expresión “guerra” e cada vez máis “conflito” e o adxectivo “humanitario” pasou a ser o condimento máis utilizado: continxentes humanitarios ían fortemente armados e pertrechados a ocupar outros territorios. A poboación local ás veces non recibía de boa gana a súa presenza, a súa axuda, as súas virís necesidades ou a súa forma de entreter o aburrimento e bautizóuselles como “insurxentes”.

Para a clase traballadora, a guerra nunca gozou de popularidade, porque era un negocio no que o seu investimento eran os seus fillos: a prole; mentres que na clase media o servizo das armas podía ter, en tempos, certo prestixio e supor un progreso social, ata que as revelacións da guerra de Vietnam cambiaron un pouco as cousas. A participación en conflitos humanitarios, en cambio, chega a ter certo atractivo, sobre todo en tempos de crises e para as clases máis desfavorecidas, incluídos os inmigrantes, que van repartir auga onde mándenlles e a morrer baixo a bandeira de quen lles paga. Por outra banda, o carácter “humanitario” presenta dificultades á hora de oporse a unha intervención, sexa nunha votación parlamentaria, sexa nunha concentración cidadá, sexa ao optar pola obxección fiscal. Non debe, pois, estrañarnos, que os mísiles Tomahawk de Libia sexan armas humanitarias, por máis que maten por activa ou por pasiva, non tanto grazas á súa intelixente puntería, senón grazas aos 1.600 cancros que son capaces de provocar cada un. A estas alturas tampouco debe estranarnos que haxa sitios que merezan a nosa humanitaria atención e outros que non, aínda que xa estea ben visto falar de imperialismo, non cabe dúbida que tanto Estados Unidos como a Unión Europea non renuncian a gozar dos últimos bailes desta agonizante festa do capitalismo. A sabedoría popular viuno moi claro en 2003, cando a invasión ianqui substituíu en Iraq ao programa da ONU de “petróleo por alimentos” e forxouse aquel “non máis sangue por petróleo”, cada día con máis vixencia.

Chegamos a unha situación en que líderes mundiais felicítanse polo presunto asasinato dun presunto terrorista, acción que debe enchernos a todos de orgullo e satisfacción, tanto que é celebrada nas rúas de Estados Unidos como unha gran vitoria deportiva ou como o fin dunha guerra mundial, pero que temos que aceptar como a virxinidade da nai de Cristo, xa que non se nos ensinarán probas, para que non consideremos que EEUU é un país cruel. Que se difundise que se utilizaron as torturas sobre persoas que levan 8 anos detidas para lograr este dubidoso éxito non o fan menos legal, lexítimo ou apropiado, aos ollos dese amable país; pero a foto é outra cousa, non a vaian a sacar os yihadistas nas estampitas.

Pero bueno, volvamos a Iraq onde o 8 de abril de 2003, no hotel Palestina, varios equipos de xornalistas fan o seu traballo. Un dos tanques vira o seu canón cara a eles e dispara. O xornalista ucraíno da axencia Reuters Taras Protsyuk morre no acto. José Couso é gravemente ferido e morre no hospital.
No seu día, os americanos dixeron que só podían garantir a seguridade dos xornalistas encaixados, cousa que se demostrou falsa a véspera, cando morreu o xornalista Xullo Anguita Parrado. O seu pai dixo entón, na súa dor, a frase máis memorable daquel conflito, ou esta guerra, como o queiramos chamar: “malditas sexan as guerras e os canallas que as fan”: podemos engadir máis maldicións, maldita sexa a épica que fai fermoso o ir morrer fóra de tempo, maldita tamén a súa versión de baratillo, a propaganda de guerra, que xustifica o inxustificable, malditas as patrias que esixen ese tributo de sangue e malditas as bandeiras que o recollen, maldito sexa cada céntimo investido na guerra ou no negocio da reconstrución…

E logo de maldicir recordamos con dor a cada morto, a cada ferido, a cada torturado, a cada mallado nas protestas que sacudiron o mundo. E recordamos a José, que nos mostraba co seu cámara o que ocorría, e queremos crer que se o comandante daquel tanque soubese que detrás daquela cámara había millóns de persoas concienciadas da aberración que supón a guerra, aquela guerra, esta guerra, todos os conflitos, consideraría inútil disparar.
E se seguise pensando, probablemente abandonaría tanque e uniforme.

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=355 0
Actos de Unión Libertaria para o Xoves 5 e Sábado 7 de Maio en Ferrol http://unionlibertaria.org/ul/?p=349 http://unionlibertaria.org/ul/?p=349#comments Tue, 03 May 2011 22:57:10 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=349 Xoves 5 de maio:

Presentación do libro “Rio Homem” de André Gago ás 20:30 horas.

“Rio Homem” cruza duas histórias magistrais – a de um jovem galego refugiado da guerra civil que perdeu todas as suas referèncias e a da aldeia comunitaria portuguesa que o acolheu e que hoje jaz submersa na albufeira de uma barragem.

Rio Homem

Sábado 7 de maio:

Ás 20:00 homenaxe a José Couso na praza que leva o seu nome en Esteiro.
Falarán: Javier couso, Avv Esteiro e Unión Libertaria.

As 20:30 charla coloquio  “José Couso, oito anos buscando xustiza”.

Javier Couso falará das novidades xudiciais, das filtracións de wikileaks e do control da información na guerra.

Os actos serán no Espazo libertario. Avda. de esteiro 10, baixo.

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=349 0
1º de maio anarcosindical en Ferrol http://unionlibertaria.org/ul/?p=342 http://unionlibertaria.org/ul/?p=342#comments Fri, 29 Apr 2011 15:12:52 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=342 A loita obreira, da man da anarcosindical, sae á rúa de novo en Ferrol este primeiro de maio. Dende Unión Libertaria queremos apoiar esta iniciativa da CNT e chamar á participación nesta xornada reivindicativa e de lembranza dos homes e mulleres que deron o mellor deles mesmos na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Especialmente daqueles anarquistas que pagaron dramaticamente coa súa vida nos feitos acontecidos no mes de maio de 1886 en Chicago. Mortos nas revoltas e condenados á forca polas súas ideas pagaron un prezo moi alto por mellorar as condicións laborais e conquistar a xornada de oito horas. Igual que entón as frontes de loita seguen abertas e a emancipación da clase traballadora continúa sendo unha materia pendente.

Nun mundo globalizado e en crise, os poderes fácticos das finanzas e da política servil continúan o seu acoso e derrubo da clase traballadora. Os excesos especulativos da banca en conivencia coas estruturas do poder político están a precarizar as condicións de traballo e os dereitos conquistados. Os miles de millóns que o estado concedeu ás entidades financeiras para tapar buracos son a costa das sucesivas reformas laborais e da merma de servizos, dereitos e prestacións. Dereitos e prestacións que sendo froito do teu traballo ningún pai estado está a regalar.

Esta casta empresarial e financeira caciquil está a especular de novo cos millóns recibidos, a subir soldos de altos cargos e a deslocalizar a produción por medio mundo para explotar e escravizar mentres aquí precarizan e piden “esforzos” en nome da sacrosanta produtividade. Coa complicidade dos sindicatos subvencionados e vendidos ao poder queren facernos máis escravos do traballo asalariado mentres uns poucos ricachóns enchen cada vez máis os petos.

Nesta sociedade consumista e desclasada, a unidade na loita obreira está esnaquizada polos manexos do poder asentado na socialdemocracia capitalista de un paso adiante dez pasos atrás, no sindicalismo cómplice e traidor e na total renuncia a construír un novo modelo de sociedade descapitalizada, libre, responsable, cooperativa e xusta. Unha sociedade verdadeiramente democrática e horizontal na que o traballo sexa participación solidaria e responsable. Na que o pobo en liberdade sexa dono do seu destino.

As frontes abertas son moitas e as loitas inmensas. Unha delas, a da dignidade dos traballadores e traballadoras estará na rúa este primeiro de maio en Ferrol. Nós xa estamos fartas. Xa abonda de mentiras e falsas promesas. Que non te enganen máis. Únete á mobilización e deixa oír a túa voz. Participa este primeiro de maio en Ferrol na manifestación coa CNT.

Unión Libertaria
Ferrol 29 de abril

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=342 0
Unión Libertaria chama á participación na manifestación do 26 de abril contra o desaloxo da Casa das Atochas http://unionlibertaria.org/ul/?p=336 http://unionlibertaria.org/ul/?p=336#comments Thu, 14 Apr 2011 12:28:11 +0000 unionlibertaria http://unionlibertaria.org/ul/?p=336 O grupo anarquista Unión Libertaria de Ferrol, chama a toda a xente a participar activamente na manifestación convocada o vindeiro 16 de abril, ás 16 horas, no Campo da Leña, contra o desaloxo da Casa das Atochas.

Novamente o estado e os seus esbirros amosan a súa verdadeira face, como ferramentas do empresariado contra as persoas. Nesta ocasión, a xustiza e as forzas de orde pública traballaron para unha empresa privada, a do especulador Pérez Paz, S.L. Mentres facían desaparecer un fermoso espazo de creación e loita como é a Casa das Atochas, amparaban as actividades ilegais de Pérez Paz S.L., desfacendo o edificio, probablemente sen licencia de obras e sen condicións de seguridade de ningún tipo. Deste xeito ficou claro que os especuladores non desexaban utilizar o edificio, senón unicamente desaloxar ás persoas que alí estaban facendo actividades; a súa conducta antisocial foi apoiada pola xustiza e as forzas de orde pública.

Pola nosa parte, desexamos manifestar todo o noso apoio ao grupo de persoas que ten activado a Casa das Atochas como un espazo de loita e creación para todas as persoas que por alí quixeron pasar. Estamos seguros de que a Casa das Atochas segue viva e volverá a activarse nese ou noutros espazos. Porque pensamos que a vosa loita é a de todos e todas, chamamos á xente a participar na manifestación do vindeiro sábado e a reactivar o proxecto onde queira que continúe o seu camiño.

Unión Libertaria
Ferrol, 14 de abril de 2011

]]>
http://unionlibertaria.org/ul/?feed=rss2&p=336 0