Mar 26 2012

29M Folga Xeral…

Categoría: Convocatorias,ULunionlibertaria @ 5:29 p.m.

Tan só tres meses abondaron ó novo goberno pra desmantelar dereitos sociais e laborais acadados tras decadas de loita. A agresividade das politicas neoliberais en toda europa esta a destruir aquilo que se deu en chamar “estado do benestar” a unha velocidade abraiante.

Estas son as consecuencias dun modelo de sociedade que durante decadas fomentou o consumismo, o individualismo, a competitividade e a ostentacion como forma de vida, destruindo aquilo que nos fortalecía e nos permitia facer fronte ás agresions: a solidariedade, os vinculos sociais, e o apoio mutuo. Polo tanto ese “estado do benestar” forma parte da destruccion programada da capacidade de resistencia da sociedade.

A convocatoria dunha folga xeral  o proximo 29 de marzo e unha  oportunidade pra participar nunha xornada de loita polos nosos dereitos , romper a dinamica de desmovilizacion na que se encontra sumida a sociedade e recuperar as practicas solidarias e combativas.

Chamamos á participacion activa na folga de todolos sectores da sociedade. É o momento de dar unha resposta contundente ás agresions do capital e o estado.

Etiquetas: , , ,


Nov 09 2011

X Xornadas libertarias

Categoría: Actividades,Convocatorias,ULunionlibertaria @ 8:20 a.m.

Como cada ano no mes de novembro temos as Xornadas Libertarias. Poñemos o cartel das mesmas onde figuran os distintos actos que terán lugar en Ferrol entre o martes 15 e o sábado 19 de novembro.

cartel xornadas libertarias 2011

Etiquetas: , , , ,


Nov 05 2011

Non nos representan? Non os votes!

Categoría: Actividades,Convocatorias,ULunionlibertaria @ 11:00 p.m.

Levamos moito tempo dicindo que ten que ser a xente traballadora (a que pode), o pobo, quen asuma a responsabilidade  de decidir de forma directa e horizontal o que lle interese.  Non abonda con delegar e lexitimar este sistema corrupto cada catro anos. O circo electoral únicamente permite “lexitimar” as desfetas e latrocinios  que se están a cometer dende o estado e as institucións en nome do pobo. Sempre ao servicio do capital e da banca, políticos e gobernantes lexislan e actúan en beneficio dos poderosos e deles mesmos. Sempre de costas ao pobo, a quen reprimen con saña cando se levanta e matan lentamente a diario con saraos televisivos e noticiarios mintireiros. O sistema é parte do problema, non da solución. E quen, con boa vontade, traga con rodas de muiño e forma parte do circo ten que espertar. Non merece tampouco o teu voto. Pensa e decide… Máis mentiras e cacicadas ou nos poñemos as pilas para cambiar as cousas. Non é doado, non. Moita xente pensa que é libre cando vota, pero non se vota libremente cando a información está en mans duns poucos intereses e chega  manipulada.  Cando a mentira, cociñada como verdade,  inunda as nosas vidas.

Con humildade e dende o noso recuncho deixámoste o noso punto de vista. Para que o penses con calma e decidas que facer. Na sociedade de consumo, do individualismo egoista, del “porque yo lo valgo,”  unha proposta que non está de moda pero que non está de máis. Pasa do estado e do capital e pásate á acción xenerosa e solidaria. Loita polo que paga a pena coa mellor forma de egoismo posible. O egoísmo comunitario e social. O que beneficia aos meus veciños tamén me benecicia a min. E déixate de circos e panderetas electorais. Xa sabes, abstención e actívate…

Podes ver e descargar libremente o documento coas nosas propostas, e tamén podes compartilo  con quen queiras que non somos da SGAE non_votes_non_nos_representan.pdf



Etiquetas: , , , ,


Páxina seguinte »